Os voluntarios das Emerxencias demandan contratos de traballo
Alcalde e voluntarios explicaron que o concello ten o compromiso de contratalos a través do Fondo de Cooperación, non obstante, o retraso no libramento de fondos por parte do Ministerio de Economia impide a formalización dos contratos de traballo.
Os membros do extinto GRUMIR masnifestaronse sentirse "cansados de tanta espera e ó limite" despois de estar realizando este traballo de atención de emerxencias sen relación contratual dende o mes de novembro do ano pasado, cando lles venceu o contrato co extinguido GRUMIR, "levamos asi nove meses, atá aquí chegamos, ás cero horas deste dia 14, plantámonos", anunciaron.
O alcalde, Argimiro Marnotes, explicou que o concello mantén o compromiso de manter este grupo de emerxencias "agora mesmo aínda estamos sen parque de bombeiros e se nos quedamos sen esta xente, O Carballiño queda desprotexido para as emerxencias, asi de claro", dixo Marnotes. O rexedor asegurou que o concello e a Xunta teñen a tramitación feita dende fai meses "pero dende o ministerio non acaban de facer a transferencia dos fondos, que son preto de cen mil euros, e atá que eso aconteza, non podemos formalizar os contratos", subliñou.
OS SOCIALISTAS PRESENTARÁN UNHA MOCIÓN URXENTE ANTE O PLENO DA CORPORACIÓN.
Asi o anunciou o portavoz do grupo socialista Francisco Fumega, no próximo pleno que celebre a corporación carballiñesa os socialistas presentarán unha moción "igual que xa fixemos no pasado mes de setembro".
Fumega culpou da situación ao alcalde do Carballiño "que na súa liña habitual bótalle a culpa a outros, menos mal que desta vez os culpables non son nin o grupo socialista nin Zapatero, senón Rajoy", ironizou o responsable dos socialistas.