Maside reúne fotografias do pobo dende 1895
A Asociación “A Torre”, Foro de Estudos das Terras de Maside, expón un total de noventa fotografías que reflexan a evolución de Maside dende 1895 ata 2010.
( Redacción. Estefania Bernárdez ) Esta exposición fotográfica leva o nome de ‘Xentes, Espazos e Lugares’ e conta con imaxes dos propios veciños que reflexan as accións cotidiás, paisaxes e rúas de Maside dende 1895. A meta desta mostra fotográfica é promover o encontro cultural para as xentes da vila e tamén valorizar a cultura dos masidaos.
As imaxes atópanse en series de 15 nas seis cafeterías de Maside ata finais de setembro, e alí tamén poderán adquirir un libro editado coa totalidade das fotografías ou solicitar unha copia dalgunha delas.
A Torre, Foro de Estudos das Terras de Maside ten previstas outras actividades, ademáis de exposicións fotográficas, como andainas e rutas turísticas e unha homenaxe ó poeta Víctor Campio. Haberá aínda máis actividades que se irán avanzando e que se encadrarán nas distintas seccións de toponimia, turismo e deporte, pintura, música, e outras.