U.P. Taboadela 1 C.D. Arenteiro 0
O equipo carballiñés xogou dende o minuto 67 con 10 xogadores por expulsión do defensa Lois, que víu doble amarela, dous minutos despois chegou o gol dos locais, a zaga verde quedase parada pedindo fora de xogo pero o árbitro concede o tanto no medio das protestas dos xogadores e dos seguidores do Arenteiro.
C.D. Arenteiro: Pachi, Escudero, Lois, Diego López, Dabarca ( Marcos Sotelo, m. 63 ), Alex, Canexón, Victor Gallego, Quiroga ( Cancelas, m.66 ), Bardelás ( Omar, m.63 ) e Oscar ( Núñez, m. 70 ).
O Partido: O Arenteiro pudo e debeu sentenciar na primeira parte do encontro, cando dispuxo das mellores ocasións do partido, sobre todo unha nas botas de Oscar, que enviou o balón fora cando estaba so ante a portería e outra nun potente tiro de Quiroga, que repeleu o meta local. Na reanudación, cando parecía que o Arenteiro acabaría facendose cos 3 puntos, chegou a expulsión de Lois e a continuación o polémico gol do Taboadela, e a partir de entón o Arenteiro xa non tivo capacidade de reacción.