O Concello anuncia o inicio das obras en Curros Enríquez para a semana que vén
En Curros Enríquez o proxecto contempla o empedrado de toda a zona de rodadura, asi como a mellora das beirarrúas, que serán máis anchas, e colocación de mobiliario urbano.
As obras, según comunica o concello carballiñés, comezarán a primeira semana de novembro e as previsións municipais apuntan a que estean rematadas antes das festas do nadal. O obxetivo do goberno municipal "é crear un bulevar comercial que entronque coa praza da Veracruz e a rúa do Paseo".
O proxecto conta cun orzamento de 119.000 euros, dos que preto de 90.000 son aportados por medio dunha subvención concedida pola Consellería de Economía e Industria.
Polémica polo anuncio de peonalización
Os comerciantes de Curros Enríquez non comparten a idea do goberno municipal para a peonalización desta rúa, unha vez que se execute esta obra de embelecemento. De feito, tras a polémica desatada por ese anuncio, o concello carballiñés chegara a un principio de acordo con comerciantes, hosteleiros e veciños, para implantar esa peonalización de forma gradual, nunha primeira fase será peonil en horario de oito da tarde a oito da mañá e durante as fines de semana e festivos.
Reforma na rúa Cerca
Os operarios municipais acometen a obra de acondicionamento na rúa Cerca, na que cun investimento de 10.000 euros, está sendo obxeto dun novo empedrado a base de adoquín. Tamén se reformarán as beirarrúas e adaptaránse os pasos para os accesos a garaxes.