Os emigrantes retornados do Carballiño-O Ribeiro protestan contra os requerimentos de Facenda
"Os pensionistas non somos defraudadores, somos pagadores" proclamaron nesta concentración ás portas da Delegación de Facenda do Carballiño.
A Coordenadora Galega, na que se integran os emigrantes retornados das comarcas do Carballiño e O Ribeiro demandan que a Axencia Tributaria deixe sen efecto "as reclamacións e sancións que nos están notificando polas pensións que recibimos do extranxeiro e non declaramos no IRPF dende o ano 2008".
"Nos non sabiamos que había que facer as declaracións, ninguén nolo notificou, nos trouxemos as divisas e levantamos este país, e outros, os auténticos defraudadores reciben amnistias fiscais, esto é unha inxustiza", alegan.