Un golazo de Victor Gallego da ao C.D. Arenteiro a victoria en Barbadás
Unha xogada "delicatessen" da dianteira verde culminada por Victor Gallego deu os tres puntos ao C.D. Arenteiro no campo dos Carrís ante o Barbadás B nun partido no que se xogaban algo máis que 3 puntos e no que o equipo carballiñés cumplíu, e con boa nota, xa que xogou un dos partidos mais serios no que vai de liga.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Oscar, Alex, Bardelás, V. Gallego, Quiroga, Martín e Prada. Tamén xogaron Canexón, Cancelas, A. Núñez e Omar.
Goles:
0-1. Minuto 21. Xogada de tiralíneas da dianteira do Arenteiro que inicia un centro de Prada que Martín deixa pasar, logo toca sutilmente o balón Quiroga e finalmente Victor Gallego golpea ao fondo da portería.
O Partido: Controlado de principio a fin polo Arenteiro, que pudo lograr na parte final do encontro incrementar o marcador ao seu favor, xogado con moita intensidade por ambos equipos, gañou o que tivo máis ocasións e fixo méritos suficientes para quedarse cos 3 puntos, calaquera outro resultado houbese sido inxusto. O Arenteiro estivo moi serio en defensa, lixeiramente adiantada, ben no medio do campo e incisivo en ataque.