O goberno local aproba unha modificación de taxas municipais que os socialistas califican de "extorsión" á veciñanza carballiñesa
Para o Partido Popular tratase de axustar as taxas para "favorecer ás familias carballiñesas con rendas máis baixas", para o PSdeG representa "unha nova mostra da despiada política" do goberno de Marnotes.
O goberno popular aprobou, cos votos en contra do grupo socialista, o expediente de modificación das ordenanzas fiscais para o ano 2014 no concello carballiñés. Á sesión da corporación municipal non asistíu a concelleira do BNG, Áurea Francisco.
Según a proposta do grupo de goberno, vai experimentar un incremento do 12% a taxa da recollida do lixo "para facer fronte á subida do coste do canon de SOGAMA, ainda que inicialmente estaba previsto conxelar esta taxa, vémonos na obriga de aplicar este aumento , de maneira que un domicilio que viña pagando 64,37 euros ó ano pasará a pagar 72,10 ó ano, polo tanto 7,33 euros a maiores no caso daqueles domicilios con recollida diaria", explicou o alcalde Argimiro Marnotes.
Tamén se incrementan aquelas taxas que están afectadas polo plan de axuste, a auga terá un incremento do 1% no recibo, 2,5% nas licenzas urbanísticas, 15% nas escolas deportivas e 20% no Conservatorio e Escola de Música. Non experimentarán incrementos o resto das taxas, ata un total de 23, asi como o IBI.
"Por vez primeira no concello do Carballiño aplicararánse bonificacacións para as familias con menos recursos económicos", destacou Marnotes, das que se benificiarán aquelas familias con ingresos mesnuais inferiores a 1.065 euros mensuais, con rebaixaas que van entre o 10 e o 30%, que chegarán atá o 75% para aquelas familias acreditadas en situación de emerxencia social.
Para o portavoz socialista Paco Fumega "chove sobre mollado, fai unhos meses este mesmo alcalde anunciaba que se conxelarían as taxas e agora volve faltar a súa palabra, o que xa estamos moi acostumados, nos estamos radicamente en contra deste incremento nas taxas porque os veciños do Carballiño xa soportan unha excesiva carga fiscal, esto é unha extorsión en toda regla ós veciños do Carballliño coa que para nada estamos dacordo", manifestou Fumega nesta emisora de radio.