C.D. Arenteiro 2 A.D.Covadonga 0

1, Decembro 2013

Outra sufrida victoria dos verdes en Espiñedo, desta vez ante un bo Covadonga. O Arenteiro quedouse dende os inicios da segunda parte con 10 xogadores no campo tras ver cartón vermello directo Manu ao tocar o balón coa man para evitar o gol visitante. Pachi detivo o penalti e a partir de ahí o Arenteiro aguantou ben o resultado.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Lois, Dabarca, Oscar, Omar, Manu, Gallego, Quiroga, Martín e Prada. Tamén xogaron Canexón, Alex, Sotelo e Cancelas.

Goles:

1-0. Minuto 10. Internada de Prada pola banda que se planta ante o porteiro do Covadonga e sirve o balón en bandexa a Manu, que marca.

2-0. Minuto 78. Desta vez é Marcos Sotelo quen coloca a pelota na área, Victor Gallego toca o xusto para que Quiroga remate ao fondo da portería.

O Partido: Vistoso e entretido no primeiro periodo con ocasións en ambas porterías. Na reanudación, e tras a expulsión de Manu o Covadonga desaproveitou a oportunidade de empatar o partido o despexar Pachi o balón no penalti lanzado por Toni. A partir de ahí, o Arenteiro, sabedor da súa inferioridade numérica pola expulsión de Manu, defendeu con acerto a exigua ventaxa no marcador ata que chegou o gol da sentencia xa na parte final do partido. O árbitro Iván González anulou dous goles, ao Arenteiro no minuto 12 e ao Covadonga no 84, en ambos casos por suposto fora de xogo.

Adiante na Copa Deputación

Os carballiñeses superaron sen problemas a eliminatoria de oitavos ante o At. Vilariño, ao que volveron derrotar en Espiñedo co mesmo resultado que no partido de ida, 2-1.