Teatro do Norte e Sarabela Teatro abren a programación de nadal do Carballiño
Ademáis de teatro, a maxia e as actividades infantís completan a programación de nadal do concello carballiñés.
Trala inauguración da iluminación artística nas rúas e prazas carballiñesas, e a a celebración dunha festa infantil na Praza Maior na tarde do venres, o teatro acapara o protagonismo do fin de semana.
O sábado 14 ás 20,30 horas actuará no auditorio a compañía asturiana "Teatro del Norte" coa súa versión de "Mariana Pineda", de F. García Lorca. O domingo 15 ás 19 horas e con entrada gratuíta ata completar o aforo do auditorio, a cita é con "Sarabela Teatro" co seu espectáculo "Viaxe a ningunha parte". A partir do lúns 16, de 17,30 a 19 horas, sesións de contacontos e obradoiros de nadal na Biblioteca Pública Municipal, con agasallos para os participantes.
Nadal Máxico
A maxia terá un destacado protagonismo na programación da concellería de cultura para estas datas festivas. Asi, pasarán polo Carballiño os ilusionistas e magos Pedro Volta _sábado 21 ás 20,30 horas-, Magos do Ribeiro -lúns 23 ás 18 horas na casa da cultura-, O Mago Teto -sábado 28 ás 20,30 horas-, Luis Boyano -o domingo 29 ás 17,30 horas no auditorio-. Ademáis o venres 27 dende as 20,30 horas terá lugar un circuíto de maxia en varios locais da hostelería local e o xoves 26 desenvolveráse un obradoiro infantil de máxia.
O sábado 21 na Praza de San Ramón e Curros Enríquez, dende as 6 da tarde terémos a visita de Papá Noel en Carroza.
A Carreira Solidaria do Arenteiro, para todas as categorias, está programada para a matinal do domingo 29. Completan esta programación de nadal do concello carballiñés os concertos que ofrecerán a Coral Polifónica do Casino e o Orfeón do Carballiño, asi como a gran Cabalgata de Reis, o domingo dia 5 de xaneiro.