Denuncian deficiencias e falta de mantemento no centro de saúde de Piñor
A responsable do centro de saúde de Piñor dirixíu un escrito ao alcalde deste concello no que pon "no seu coñecemento que reiteradamente sufrimos cortes de suministro eléctrico", tamén recorda ao alcalde de Piñor outras deficiencias no edificio.
Hortensia Álvarez advirte ao rexedor municipal que a situación "está interferindo no traballo diario" que se desenvolve neste centro sanitario, manifesta no escrito como "no dia de hoxe a hora da apertura encontramonos cun plafón do sumistro de luz da consulta médica estaba desprendido do teito e con desprendimento do material de escaiola".
Considera que "un dos motivos desta situación pode ser o feito de que no tellado existen desprazamentos de tellas que permiten as filtracións de auga". Tamén mostra a súa preocupación polo sistema de calefacción "que é radial e pode comportar resicos para a integridade física de usuarios e persoal sanitario".
Finalmente, solicita unha "avaliación sobre a situación do centro de saúde de Piñor en materia de suministro eléctrico garantindo que non representa un risco laboral".