A veciñanza do Irixo recolle sinaturas para esixir a Atención Primaria que cubra a baixa médica no centro de saúde da localidade
Dende fai máis de tres meses un so médico atende a toda a poboación do Irixo, o que está provocando aglomeracións no centro de saúde da localidade nas últimas semanas.
Un grupo de veciños e veciñas do municipio, ligados á organización política Anova comezaron esta semana unha campaña de recollida de sinaturas, que serán remitidas á Xerencia de Atención Primaria para que con carácter inmediato proceda a cubrir a baixa da médica adscrita ao centro de saúde da localidade.
O único facultativo que dende fai algo máis de tres meses ocupase de atender tanto aos pacientes que acuden ao centro de saúde como de facer as visitas domiciliarias, vese obrigado a facer maratonianas xornadas de traballo, que continúa en moitos dias en horario de tarde, para atender o servizo, nun concello no que máis da metade da poboación supera os 65 anos.