A Maioria dos comerciantes votan a favor da peonalización de Curros Enríquez
Votaron os 24 comerciantes desta rúa que estaban convocados a facelo, 16 fixerono a favor da peonalización e 8 en contra.
Desta maneira, con esta consulta en urna, o concello resolve definitivamente esta polémica xerada durante os últimos meses.
Antes de executarse as obras, a maioria dos comerciantes eran contrarios á peonalización total, de feito daquéla acadarase un acordo para que a rúa estivese aberta ao tráfico en horario comercial. Agora, os responsables municipais -tal como pretendian dende un principio- logran o apoio da maioria dos comerciantes para decidir a peonalización da rúa.
O alcalde, Argimiro Marnotes, avanzara nesta emisora de radio que o resultado da votación sería vinculante. O concello procederá de inmediato á sinalización que indicará o carácter peonil de Curros Enríquez, no tramo que vai dende Conde Vallellano ata a Praza de San Ramón.