O concello carballiñés destina 200.000 euros ao acondicionamento da rede viaria municipal
Ademáis, o concello anuncia que a Xunta procederá ao asfaltado da rotonda da Alameda e a Avda. Julio Rodríguez Soto. Trala execución dos traballos, a Xunta cederá a titularidade ao concello do Carballiño.
Dende a concellería de obras explican que "para comezar os traballos é necesario que se sucedan varios dias sen choiva, xa que do contrario sería tirar co diñeiro e perder o tempo".
Unha vez o permitan as condicións meteorolóxias, o concello carballiñés espera que se inicien as actuacións que se farán por medio do convenio asinado coa Deputación para a conservación e acondicionamento da rede viaria local "son 100 kilómetros de vias de titularidade municipal, tal como se recolle no inventario que estivemos realizando, unha ferramenta que ata agora non existía no concello".
A maiores, por medio do plan MARCO investiránse 50.000 euros nas localidades de Paradela, Mesego, Sagra, Señorín e A Gouxiña.
No Plan Provincial de 2014, cun orzamento de 70.000 euros, incluiránse actuacións en Trigás, Boedes, Cabanelas e na rúa Serra Martiñá.
Finalmente, por medio do Plan PEIM, melloranse os accesos en A Reguenga, cemiterio de Señorín, e camiños en Mesego e Seoane.