Os socialistas solicitan un pleno extraordinario para que o alcalde dea explicacións sobre a súa imputación
O grupo municipal socialista solicitará a convocatoria dunha sesión extraordinaria da corporación municipal do Carballiño, a fin de que o alcalde Argimiro Marnotes "dea explicacións e diga a verdade sobre a súa imputación na Operación Pokémon".
Tras o levantamento do sumario desta investigación xudicial os socialistas consideran que "Marnotes mentíu aos cidadáns na súa declaración tras coñecerse a imputación, daquela Marnotes afirmara que a súa relación con Vendex limitabase á decisión de suspender o concurso de concesión da ORA".
Pola contra, remarcan dende o grupo socialista, o Servizo de Vixianza Aduaneira -asi se recolle no sumario- realizou unha reportaxe fotográfica sobre a visita de traballadores dunha empresa vinculada ao grupo Vendex á casa do alcalde, onde presuntamente realizaron traballos de xardineiría co obxetivo de "gañar a confianza do alcalde e asi obter un futuro contrato".
Tamén fan referencia aos diviersos contactos telefónicos con directivos da empresa "nos que se comprometía a elaborar un presuposto para o mantemento do parque municipal e da limpeza viaria e aludiase á futura concesión dun servizo público".
Finalmente, os socialistas afirman que as explicacións dadas no seu dia polo allcalde non se sosteñen á vista do que se recolle no sumario e "xa que no seu dia negouse a dimitir, esiximoslle agora que dea a cara e diga a verdade, que explique estes fieitos e senón é capaz de facélo, que se marche".