Gestamp e Concello do Carballiño asinan un convenio para a formación de traballadores
Gestamp Wind Steel Galicia, antes Aplicarmetal, comprométese á formación profesional dun mínimo de 80 futuros traballadores, dos que o 60% serán contratados de forma inmediata ao remate dos cursos, que se desenvolverán en locais cedidos temporalmente polo concello na nave municipal da Uceira.
O alcalde Argimiro Marnotes e a concelleira de industria Teresa Cerdeira presentaron este convenio "polo que por medio dos cursos FIP, serán en total cinco cursos, a empresa formará a futuros traballadores, comprometendose mediante este convenio a un mínimo de 80, dos que o 60% terán un contrato de traballo por parte da empresa", adiantou a concelleira.
O rexedor municipal salientou a importancia desta empresa para O Carballiño "é o noso flotel particular, non hai máis que comprobar como os picos de traballo desta empresa coinciden cos descensos nas cifras do paro no Carballiño, esto temolo constatado, e por eso para nos unha prioridade facilitar a esta empresa todo o que sexa posible, igual que o farémos con calquera outro proxecto empresarial que sume postos de traballo no Carballiño",
Según os datos aportados na presentación deste convenio, a empresa da traballo na actualidade a algo máis de 300 persoas na factoría do parque empresarial do Carballiño "que é moi considerada pola calidade dos seus traballosdentro das distintas factorias que esta multinacional ten repartidas polo mundo", subliñou Marnotes.
Na actualidade, Gestamp Wind Steel é unha multinacional, líder no sector da producción de parques eólicos.