Unha sentencia obriga a Bankia a devolver 420.000 euros de obrigacións subordinadas a un emigrante carballiñés
Eran os aforros de toda a vida deste carballiñés, que emigrou con 15 anos de idade, e ao que Bankia colocou obrigacións subordinadas no ano 2009. Agora, unha sententencia, que xa é firme, do Xulgado nº 1 do Carballiño condena a Bankia á devolución do diñeiro e imponlle o pagamento das costas do procedemento xudicial.
A avogada carballñesa Rita Alén explicou a COPE O Carballiño que a sentencia ordena "a nulidade do contrato de suscripción, ao entender que Bankia non fixo unha correcta comercialización do producto contratado, que vendeu como seguro e non de risco".
Recolle a sentencia que o conxunto documental aportado pola entidade non é suficiente para acreditar que suministrou ao cliente unha información clara e precisa cando lle ofreceu este producto no ano 2009, comunicandolle que a liquidez sería inmediata cando en realidade o vencemento do contrato fixabase no ano 2019. Tamén fai referencia a situación persoal deste emigrante "sen estudos, que non era un inversor, senón un simple aforrador".