O Carballiño planifica un PXOM que prevé 20.000 vivendas no horizonte do ano 2027
O documento elaborado polo equipo redactor estará "a disposición de todos os veciños para que poidan presentar suxestións" antes de proceder á aprobación do avance incial.
"Queremos facer un exercicio de transparencia na elaboración dun proxecto que é vital para o futuro do Carballiño, por eso antes da aprobación inicial, e de que se abra no seu momento o periodo de alegacións, pensamos que podemos adiantar moito se antes xa incorporamos todas esas propostas no documento que se remitirá despois á Xunta, tratase de que todos os veciños vexan de forma concreta como lles afecta o plan, e poidan facer suxerencias tanto a nivel particular como daquelas outras cuestións a nivel xeral", indicou o alcalde do Carballiño no transcurso da súa intervención nesta emisora de radio.
Marnotes avanzou que "tan pronto teñamos o documento do equipo redactor, e pode ser en cuestión de dias, facilitarémos o documento en formato informático a todos os interesados e abrirémos un periodo de catro ou cinco meses para a presentación de suxerencias, que se estudiarán en cada caso, e esto nada ten que ver coa tramitación que logo deberá seguirse cando se abra o periodo de alegacións, é unha decisión deste grupo de goberno, involucrar á cidadanía neste futuro Plan".
Tamén anunciou que se promoverán charlas informativas sectoriais co equipo redactor, cos grupos políticos, asociacións veciñais, promotores "e incluso queremos levar estas charlas ós institutos, porque nos parece importante que os máis xóvenes se involucren no Carballiño do futuro, que a fin de contas, será o deles", subliñou Marnotes.
O Carballiño ten, por imperativo legal, a obriga de adaptar o seu Plan Xeral á vixente L.O.U.G.
O documento elaborado polo equipo redactor prevé acadar unha edificabilidade máxima de 3.593.886 metros cadrados, unha superficie que reduce a edificabilidade do actúal PXOM en vigor no municipio dende o ano 1999.
A edificabilidade máxima necesaria para o futuro prográmase con 13 sectores de solo urbanizable, situado no entorno do núcleo urbano. Suporía poder contar no termo municipal para o ano 2.027 entorno ás 20.000 vivendas, entre as xa existentes e as de nova contrucción.
As zonas verdes acadarán unha superficie de 306.734 metros cadrados, moi superior á mínima necesaria que establece a L.O.U.G, que é de 233.608 metros cadrados.
No que respecta aos núcleos rurais a edificabilidade estimada para o núcleo rural hsitórico tradiconal é de 192.600 metros cadrados e para o núcleo rural común é de 389.928 metros cadrados.