O PSdG sae en apoio das traballadoras de axuda a domicilio e critica a postura do concello
Afirman que a empresa adxudicataria tiña a compromiso de subrogar os contratos das traballadoras, as condicións que mantiñan con anterioridade á concesión do servizo á empresa GALAUREA S.A.
"O alcalde do Carballiño non pode lavarse as mans e mirar para outro lado, o alcalde está cos fortes e deixa de lado ós débiles", manifestou Paco Fumega. O portavoz socialista considera que o concello mantén unha actitude de "desidia e total pasividade cando se están vulnerando dereitos adquiridos por unhas traballadoras, non se piden melloras, tan so respectar o que había", en relación as condicións de traballo.
Seis destas traballadoras, son 14 en total, presentaron unha demanda contra a empresa pola perda de dereitos laborais. Tamén demandaron a mediación do alcalde carballiñés, éste manifestou que "unha vez que as demandas están no xulgado, non cabe máis que esperar a resolución xudicial".