Un equipo do IES Chamoso Lamas finalista do concurso "Young Business Talents"
Un equipo do "IES. Manuel Chamoso Lamas", FUMEGA S.L. integrado polos alumnos Brais Fernández Rodríguez, Iván González Decabo e Álvaro Penedo Civeira, xunto co seu profesor Fernando Pérez Torres, clasificouse para participar na final nacional do concurso de simulación empresarial Young Business Talents.
Para chegar á final, que disputarán vos cen mellores equipos de España, debían clasificarse entre os dezaséis primeiros postos de Galicia, que acadaron meritoriamente ao acadar a primeira posición na fase galega.
Para participar neste concurso, os alumnos do 1º de Bacharelato Humanístico empregaron unha sesión por semana, dende novembroa ta febreiro, da materia de Economía, durante a cal acudían á aula de informática do Centro para introducir toda-as decisións relativas á organización e xestión dá súa empresa.
Os equipos participantes debían dirixir unha empresa de produtos decoidado e hixiene persoal co obxectivo de acadar ou máximo beneficio a partir da produción dá mesma. Polo tanto, a misión dous alumnos consistía pricipalmente en tomar ás decisións pertinentes relativas a todas as áreas funcionais da súa empresa.
Este concurso permitiulle ós alumnos desenvolver capacidades tan valoradas hoxe en dia como o traballo en equipo ou o emprego das novas tecnoloxías, ademais de aplicar os seus coñecementos teóricos á realidade empresarial.
A final, a diferenza do resto de fases, será presencial e disputarase en Madrid os días 4 e 5 de abril entre vos cen mellores equipos de España, con premios de entre catrocentos e mil douscentos euros para aqueles equipos clasificados nos vinte primeiros postos.