Concello e Institutos do Carballiño asinan un acordo de colaboración
Tratase dun convenio que foi presentado como "pioneiro" e que pretende que tanto os centros educativos como o concello, ou o que é o mesmo a veciñanza en xeral, aproveiten da mellor maneira posible os recursos públicos.
O alcalde Argimiro Marnotes, e os directos do IES nº 1 e do IES Chamoso Lamas, Manuel Amil e José Manuel Vázquez, asinaron este acordo que nace con vocación de continuidade en vindeiros cursos.
Os centros educativos poñen a disposición do concello unha parte das súas instalacións, fora do horario lectivo, para actividades de carácter cultural, educativo, ou mesmo deportivo, que se promovan dende a institución municipal.
Pola súa parte, o concello pon a disposición dos institutos persoal municipal, fundamentalmente do departamento de obras, para mantemento e pequenas actuacións que se acometan nos dous centros educativos carballiñeses.