Podemos convoca á cidadanía carballiñesa para "definir unha nova alternativa política" cara as eleccións municipais de 2015
Este xoves dia 10 de Xullo, Podemos celebra unha nova asamblea aberta, ás 20:30 horas na Praza Maior do Carballiño.
Nesta nova convocatoria -que será a cuarta- dende que comezou a xestarse este proxecto político, a cidadanía poderá facer suxerencias e preguntas sobre o ideario desta nova formación política.
Eduardo Ordoñez, un dos promotores de Podemos O Carballiño, fixo un chamamento á veciñanza a participar nesta nova reunión aberta "xa que vimos non so para facer asambleas na rúa, senón para chegar os órganos de poder político e cambear a situación actúal".
"A nosa meta é algo utópica, pero a utopía é un pouco o horizonte que nos fai andar e nos impulsa" dixo Ordoñez, que tamén manifestou en relación a presentación dunha candidatura nas eleccións municipais de 2015 que "será algo que se decidirá na asamblea, pero dende logo teño claro que si nos presentamos a esas eleccións será para gañalas".