Suso Carballido toma o relevo de Felipe Senén na autoría do cartel da festa do polbo

Rómpese asi unha tradición familiar na autoría do cartel, xa que Felipe Senén López Gómez continuara dende o ano 1997 co traballo que antes facía o seu pai, Felipe López.
O tamén artista carballiñés, Jesús Carballido, aceptou a invitación feita dende o concello "por tres motivos, porque Felipe López foi o meu mestre de debuxo, pola amistade que teño con Felipe Senén e a súa irmá Gracia, e porque tamén son do Carballiño".