O Concurso Comarcal de Gando, que cumple 70 anos, celebraráse no parque municipal
A actividade máis tradicional das festas carballiñesas do Setembro está programada para o vindeiro lúns dia 15 e, ademáis, estrea escenario para a súa celebración.
No ano en que se cumpre a 70 edición do concurso comarcal de gando, o concello do Carballiño "decidiu achegar este certame gandeiro ao propio pobo, xa que ata a pasada edición se celebraba no recinto municipal da Uceira, e situalo no Parque carballiñés".
Así, este ano a "70 edición do concurso comarcal de gando terá a súa sede no marco incomparable do parque municipal, en concreto na zona próxima á avenida do Arenteiro, baixo unha carballeira, que garante un lugar san e seguro para as reses, e ao mesmo tempo unha zona de máis cómodo acceso para todos os que queiran achegarse a ver os exemplares que este ano se presentan ao concurso", apuntan dende o concello.
Ademais das reses que participan nas distintas modalidades, poderanse contemplar os sementais que achega a A.C.R.U.G.A, que sempre espertan un grande interese, ao ser pouco habitual velos en vivo e en directo.
Por outro lado, e como en anos anteriores, se abrirán catro categorías, vacas reprodutoras, xuvencas, becerras, e vacas con cría.
Os responsables municipais afirmaron que se optara por este cambio de situación, "co principal obxectivo de dinamizar esta actividade tradicional das festas, xa que nos últimos anos eran moi poucas as persoas que se achegaban a ver estes exemplares ao recinto da Uceira. Ademais destacan a comodidade tanto para os gandeiros coma para as reses e os propios visitantes, á hora de acceder ao recinto provisional acomodado na zona do parque".
Como cada ano contarase cunha zona onde todos os que queiran poderán quedar a comer, ou aproveitar a visita para tomar o aperitivo, co protagonismo no menú do polbo a feira, como non podía ser doutra forma.