O PSdG "confia no bo facer dos compañeiros" e demanda da Fiscalía que tamén investigue as contratacións dos útlimos anos. Marnotes pídelles que "que se desvinculen do pasado socialista no Carballiño"
O actúal portavoz socialista Paco Fumega confia "no bo facer dos compañeiros", en referencia aos excaldes Pachi Vázquez e Carlos Montes, e outros 3 exconcelleiros, investigados e querelados pola Fiscalía por presuntos delitos de prevaricación, que terían cometidos pola contratación irregular de ata 60 traballadores no concello carballiñés durante os 16 anos de gobernos socialistas no concello do Carballiño.
Fumega, e tamén o concelleiro Adolfo Nogueira, afirmaron que non teñen ningún tipo de documentación sobre a querela admitida a trámite polo TSXG, en todo caso parécelles ben "que se investigue todo o que hai que investigar", eso si, esperan "que a Fiscalia actúe coa mesma celeridade ante as continuas denuncias que vimos facendo dende o PSdG sobre os reparos nas contratacións destes últimos anos".
Os socialistas consideran ademáis que "é un chiste que o alcalde anuncie que o concello se vai personar na causa", dixo Adolfo Nogueira.
Finalmente, dende o grupo municipal socialista anunciase que van remitir á Fiscalia diversa documentación relativa ao actúal mandato do PP en materia de contratación de persoal, advertindo que "si o fiscal non interven, será o PSOE quen presente unha querela".
Contestación dende a alcaldía
Ante as declaracións realizadas polo grupo municipal do PsdeG-PSOE, sobre as contratacións realizadas polo actual grupo de goberno, o alcalde carballiñés afirma que "para o actual grupo de goberno municipal a publicidade, concorrencia e igualdade de oportunidades, sempre estiveron presentes e hai que deixar claro que este grupo de goberno sempre pediu informes para realizar as contratacións, nunca evitamos pedilos, cousa que outros gobernos anteriores non están en condicións de dicilo".
Marnotes reitera ao PsdeG-PSOE que "en ningún momento este alcalde nin ningún concelleiro foi a denunciar a situación xudicial que estes días saíu á luz de irregularidades en contratacións de persoal nos gobernos socialistas, nin a fiscalía nin a ningún xulgado. O propio fiscal fai mención á orixe das pescudas realizadas e que dan orixe á querela", recalca.
Sobre o informe solicitado polo actual grupo de goberno a un despacho de avogados Argimiro Marnotes recorda, outra vez, que se trataba dun informe entre os 15 encargados sobre situación dos traballadores afectados por un decreto de alcaldía do ano 2006 onde se pasaron a indefinidos a 22 traballadores.
Sobre comparecer no procedemento, recorda que "é un mecanismo necesario para facer efectivo o requirimento que nos fai a fiscalía que en ningún caso é presenza como acusación", pois reitera que "non é unha prioridade nin unha necesidade para este goberno judicializar a politica municipal".
Finalmente, por parte do alcalde, séguese facendo referencia á presunción de inocencia de todos e cada un dos implicados por este procedemento, aclarando que "non está na súa axenda seguir falando desta cuestión como claro exemplo do que se debe entender como presunción de inocencia", e invita ao PsdeG-PSOE a que faga o propio "que non fale diso, que deixe á xustiza facer o seu traballo e que se desvinculen dunha vez do pasado socialismo do Carballiño, pois é o que os veciños requiren". conclúe Marnotes.