A Garda Civil detén aos presuntos autores de roubos en comercios do Carballiño
Tratase de tres persoas de nacionalidade romanesa e un home de orixe africana, que foron detidos esta pasada madrugada e aos que a Garda Civil sinala como presuntos autores de varios roubos cometidos durante as últimas semanas en establecementos comerciais do Carballiño, e tamén na vila de Allariz.
No Carballiño, entre os establecementos comerciais afectados polo roubos da útlimas semanas encontrase unha tenda de roupa da rúa Ribeiro, que baleiraron de existencias, provocando o peche do comercio. En Allariz, unha tenda outlet de roupa infantil foi roubada en dúas ocasións nun curto intervalo de tempo.