Boborás aumenta as axudas á natalidade e incorpórase ao Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro
A corporación municipal de Boborás celebrou un pleno extraordinario no que resultou aprobado por maioría a adxudicación do contrato de cesión de explotación de catro inmobles en Pazos de Arenteiro para turismo rural, que recau no proxecto “Aldea Rural de Pazos de Arenteiro” presentado por Ramiro Fernández Padín, quen acadou a máxima puntuación na mesa de contratación con 55 puntos.
Este punto foi aprobado por maioría cos votos a favor do Partido Popular, a abstención do Bloque Nacionalista Galego e o voto en contra de MoveBoborás, alegando o concelleiro José Benito Trigás que xa no mes de decembro de 2013 pedían que unha das casas fora destinada para local social e as demáis para persoas con poucos recursos e precisou que o con esto “só haimáis cartos enterrados e tirados en Pazos de Arenteiro”.
Por outra banda, tamén se aprobou por maioría, cos votos do PP e as abstencións do BNG e MoveBoborás, o Plan de Emerxencia Municipal ante o Risco de Inundacións por rotura da presa de Albarellos. No mesmoinclúeseun prótocolo de actuación no caso de que houbera un accidente na mesma, sendo as localidades de Salón na súa parte baixa e O Igrexario en Pazos de Arenteiro as afectadas.Dende o concello aclaran aos veciñose "que non hai lugar para a alarma, posto que non hai ningún risco e este é un mero trámite que se lle está esixindo a todos os municipios que contan cunha presa ou que transcorren polas concas dos ríos afectados como no caso de Leiro e Ribadavia".
Tamén se levou a pleno os estatutos da asociación Camiño Miñoto Ribeiro que conforman 14 concellos, entre os que se inclúe o de Boborás, e que presidirá o alcalde de Cortegada. Coa asociación ponse en valor este camiño e promoverase a sua sinalización, ao estar considerada unha das rutas antigas do camiño Xacobeo que comunicaban Portugal con Santiago de Compostela.
E finalmente, tamén saiuadiante cos votos do PP e as abstencións de BNG e MoveBoborás a moción que presentaron os populares para modificar a ordenanza que regula as axudas por nacemento. Cos cambios, auméntanse o límite de ingreso das familias que poden optar a mesma pasando dos 9000 euros netos aos 11519 euros. Tamén se incrementa a contía do pago inicial dos 250 aos 500 euros e a mensual que pasa dos 25 euros aos 50 euros, sendo esta última durante un periodo de tres anos e non de dous como ata o de agora.