Chema Ferreiro preséntase como candidato avalado "pola traxectoria política de toda unha vida"
O candidato do BNG-Asambleas Abertas protagonizou o seu primeiro acto público como tal e proclamando que está ante un novo e ambicioso reto "no que non descarto ningunha posiblidade".
Chema Ferreiro dixo neste acto que "a estas alturas da miña vida todos me coñecen e xa non engano a ninguén, veño aquí despois dunha traxectoria de moitos anos e para presentar O Carballiño unha oferta electoral que combina a experiencia que humildemente podo eu representar e a renovación total do resto da lista".
Cualificou como de catro anos perdidos os do actúal goberno municipal do Partido Popular e como exemplo puxo "o abandono total que durante os últimos anos sufre o rural do Carballiño, desafortunadamente para O Carballiño este equipo de goberno faltoulle arroxo político, e as veces hai que saber petar encima da mesa porque antes dos intereses partidistas están os dos veciños", subliñou.
Acompañaron neste acto ao candidato o portavoz nacional do BNG Xavier Vence que manifestou "sentir orgullo de presentar como candidato a Chema Ferreiro, con toda unha vida dedicada o servizo da cidadanía, un home comprometido, e por eso estou seguro que imos gobernar no Carballiño", vaticinou.
Ferreiro tamén recibiou neste acto o aval de Manuel Amil que falou do "amigo, home e político" e da compañeira do BNG carballiñés Sofía García.