O Grupo Municipal de Emerxercias extingue un lume nunha vivenda da rúa Vicente Risco
O Grupo Municipal de Emerxencias do Concello do Carballiño mobilizou aos efectivos dispoñibles e dous camións de bombeiros, que lograron controlar e extinguir o lume orixinado nunha chimenea dunha vivenda da rúa Vicene Risco.
A intervención, a última hora da tarde, evitou que o lume afectase ao resto do edificio. Están pendientes de valorar os danos materiais rexistrados.