O PSdeG acusa ao alcalde do Partido Popular "de levar a Leiro ao desastre, senón o está xa"
"Ningún veciño vive mellor que hai 20 anos dende que levamos con este Goberno do Partido Popular", afirma o Grupo Municipal Socialista no Concello de Leiro, que considera ao popular Francisco José Fernández Perez como un "pésimo e nefasto alcalde, que está a levar a Leiro ao desastre, senón o está xa".
O Portavoz socialista Manuel Rodríguez apunta un Cámping "inexistente debido ao pasotismo e á parálise destes señores, asi como as novas instalacións do Balneario de Beran que están pechadas; o Mosteiro de San Clodio que leva pechado tamén 5 meses", recorda o PSOE, "despois de que gastasen nel hai poucos meses 300.000 euros de diñeiro público en mellorar as súas instalacións".
En materia de emprego, o PSOE asegura que non existe ningunha política enfocada a crealo, "máis ben o pouco que se crea pode ser de tres a cinco meses que se reparten os amigos do Alcalde".
Pola contra, nos 20 anos de Goberno do actual Grupo e este Alcalde, o PSOE asegura que as taxas e impostos municipais, como é o caso do IBI, "en vez de baixar cada ano soben máis e máis". Non existen bonificacións, a auga para o consumo é máis cara dende que se privatizou, a única beneficiada a empresa concesionaria, e segue sen saberse nada do Plan Integral de camiños e rúas de todo o municipio, entre outros asuntos.
"En resumo, denotamos unha total ineptitude, desidea e política de brazos cruzados que leva a cabo Fernández e que trouxo aos veciños mais paro, mais Impostos, peche dos principais motores económicos de Leiro (Balneario, Mosteiro, Cámping) e menos desenvolvemento económico", conclúe sinalando o Grupo Socialista no Concello de Leiro.