Comparencia no xulgado : o exalcalde Montes e os 3 exconcelleiros socialistas imputados acollense ao seu dereito a non declarar
Foi a postura que adoptaron os catro citados a declarar ante o xuíz instructor no xulgado do Carballño na súa condición de imputados na causa que investiga a xustiza en relación a presunta contratación irregular de traballadores no concello carballiñés durante os anos de gobernos socialistas, unha causa que tamén afecta ao exalcalde Pachi Vázquez no TSXG.
No caso de Carlos Montes e os outros 3 exconcelleiros socialistas imputados tras a denuncia da Fiscalía, ao non ser aforados como acontece con Pachi Vázquez, o proceso está a cargo do Xulgado de Instrucción do Carballiño.
Os catro citados polo Xuíz Instructor acolleronse ao seu dereito a non prestar declaración.