Porriño Industrial 1-0 CD Arenteiro

19, Abril 2015

Pode soar a tópico, pero o fútbol ás veces resulta inxusto, e desta vez foino co Arenteiro, que durante 75 minutos do partido foi mellor que o Porriño Industrial. Pero ao final, os locais marcaron nunha das 3 ocasións de gol que tiveron durante todo o partido, o Arenteiro gozou de 7 e non marcou en ningunha. En consecuencia, regreso a O Carballiño cunha derrota.

CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Arbo, Lois, Pana, Ocampo, Bardelás, M. Pérez, Sanginés, Choco e Manu. Tamén xogaron V. Gallego, D. Vázquez, Brais e Carlos.

Goles:

1-0. Minuto 64. Falta sobre a portería do Arenteiro que remata Miki, facendo o solitario gol do partido.

O Partido: A falta de definición volveu condenar aos verdes, que tiveron numerosas ocasións para marcar neste partido. Aos 7 minutos, falta que saca M. Pérez sobre Sanginés que a punto está de superar ao meta local cunha volea que se vai fora por moi pouco, apenas 4 minutos máis tarde o propio Sanginés volve gozar dunha situación franca pero desta vez o seu tiro vaise alto. Antes do descanso o Arenteiro volve ter outras dúas inmellorables ocasións para adiantarse no marcador, primeiro nun barullo na área local, co porteiro batido, o balón sae a rentes do pau, e no minuto 44 e tras unha gran xogada do Arenteiro, o centro de Gele non pode aproveitalo Choco, o balón vaise fora cando se cantaba o gol. E na segunda parte máis, as máis claras nas botas de V. Gallego, que salva in extrremis o meta local, un tiro de Gele que se foi o longueiro, e outra máis de M. Pérez, que completamente so cabecea inocentemente ás mans do porteiro. Mentres, o Porriño, superado en 75 minutos de partido polo Arenteiro -so foi superior no primeiro cuarto da segunda parte-  tivo dúas ocasións, fixo un gol e gañou 3 puntos que lle sirven para seguir na loita por acadar a promoción de ascenso.