O Club de Debate do IES nº 1 gaña a final galega
O Equipo do Club de Debate do IES Nº1 do Carballiño formado por Nazareth Pedrouzo González, Adrián Godás Della Ripa, Héctor López Lorenzo , Manuel Vázquez Augusto e Victor Barreiro Domínguez foi o gañador da Final Galega do Club de Debate 2015 que se celebrou onte domingo día 26 de abril en Carballo. As profesoras que levaron a cabo a preparación do alumnado foron Ana Lousado Duro e Nieves Abelleira. O tema desta final foi: “ Herdamos o galego, temos que transmitilo”
Participaron nesta fase final seis institutos de outras tantas localidades de Galicia: o IES Parga Pondal, o CPI dos Dices, de Rois; o IES Luis Seoane, de Pontevedra; o IES Número 1 do Carballiño; o IES Macías O Namorado, de Padrón e o IES Xulián Magariños, de Negreira.Desde as dez da mañá ata as sete e media da tarde, os estudantes despregaron no Pazo da Cultura carballés a súa capacidade dialéctica ante un xurado integrado por xornalistas, lingüistas e docentes.
O equipo carballiñés impuxose claramente, ao lograr unha puntuación de 363,20 puntos, moi por arriba do resto dos participantes.
O grupo gañador recibirá como premio unha viaxe multiaventura a Portugal para 20 persoas.
A cuarta edición do Club de Debate estivo organizada por nove concellos a través do seus servizos de Normalización Lingüística.