Veciños de Piñor denuncia "a falta de respecto cara o patrimonio e mobiliario público" na campaña electoral da candidatura socialista
Consideran desde a candidatura "Veciños de Piñor" como unha "absoluta falla de respecto á cidadanía" a actitude "absolutamente lamentable" da candidatura socialista que encabeza o alcalde da localidade Francisco Fraga.
"É intolerable que se utilicen elementos do noso patrimonio cultural, como son os indicadores do Camiño de Santiago para pegar os carteis da campaña electoral, de igual maneira que se están ultilizando por parte da candidatura socialista colectores da recollida do lixo e outros elementos do mobiliario público", critican desde "Veciños de Piñor".