O Arenteiro, brillante finalista da Copa Deputación tras gañar en Barbadás, 0-3
O Arenteiro volverá desputar unha final da Copa Deputación, que gañou unha soa vez, no ano 2002. O vindeiro domingo dia 7 de Xuño, ás seis e media da tarde no campo do Couto, terá ocasión de gañar a segunda da historia ante a S.D. Bande. Os carballiñeses plántanse nesta final tras superar con solvencia ao Barbadás B por un global de 4-0 en semifinais.
C.D. Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Dani Arbo, Ocampo, Pana, Dafonte, Martín Pérez, Bardelás, Sanginés, Dani Vázquez e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Escudero, Victor Gallego, Quiroga e Sanginés.
Goles:
0-1. Minuto 40. Dani Arbo cabecea fora do alcalde do meta local aproveitando un lanzameto de falta ben executado por Marcos Sotelo.
0-2. Minuto 45. Xogada de pizarra do Arenteiro, falta que saca M. Sotelo abrindo á banda sobre Sanginés, éste envia un centro medido ao segundo pau onde volve aparecer Dani Arbo e, tamén de cabeza, fai o segundo da tarde.
0-3. Minuto 52. Penalti na área local sobre Sanginés que transforma Martín Pérez.
O Partido: O Arenteiro so pasou apuros nos primeiros compases do partido, cando dúas boas intervencións de Marcos Nieto foron decisivas para evitar que O Barbadás se adiantase no marcador, despois, na segunda parte e xa co 0-3 no marcador o meta do Arenteiro estivo sensacional ao desviar un penalti que ademáis siñificou a expulsión de Ocampo por man dentro da área, polo que o Arenteiro xogou con 10 desde o minuto 54. Polo demáis, dous goles de estratexia nun intervalo de apenas 5 minutos deixaron ao Barbadás moi tocado, e xa na segunda parte foi fácil para o Arenteiro.