Os socialistas gobernarán O Carballiño en minoria, o BNG tampouco acepta entrar no goberno municipal
A decisión tómase por unha ampla maioria entre os afiliados e os membros da candidatura do BNG-Asembleas Abertas. Os nacionalistas exercerán a oposición ao goberno que presidirá Francisco Fumega.
Esta negativa do BNG a integrarse nun cogoberno cos socialistas fará que Fumega deba afrontar o goberno municipal en minoria con 8 concelleiros, toda vez que os grupos da oposición -PP, BNG, e AV- terán 9 concelleiros na corporación muncipal carballiñesa.
A toma de posesión da nova corporación e sesión de investidura de Francisco Fumega como alcalde do Carballiño están previstas para este sábado dia 13 de Xuño ás 10 da mañá.