A falta de acordo entre PSdeG e Cambio Intelixente da ao popular "Casalta" a alcaldía de Punxín
O Partido Popular retén a alcaldía do concello de Punxín, Manuel Vázquez Casalta contínúa como alcalde.
As negociacións entre socialistas e a candidatura do Cambio Intelixente de Punxín non fructificaron. Na sesión de investidura cada grupo votou ao seu propio candidato, en consecuencia, Manuel Vázquez "Casalta" tivo 3 votos, a socialista Rosa Outerelo 2 votos, e o candidato de Cambio Intelixente Joaquín Moldes outros 2 votos.
O alcalde popular inicia o mandato en minoria, nunha corporación de 7 concelleiros.