Oito lumes, xa controlados, orixinados no entorno da via do tren poñen en perigo varias localidades de Boborás e O Irixo
O incendio partíu de ata oito focos distintos, todos eles no entorno da vía do tren da liña férrea ao seu paso polos concellos de Boborás e O Irixo, nunha distancia dunhos seis kilómetros.
Según o testemuño de varios veciños, os lumes orixinaronse a primeira hora da tarde, tralo paso dun tren. Tecnicos do ADIF trasladaronse ata a zona para avaliar o acontecido e elaborar un informe.
Veciños de Xurenzás aseguran que ao paso do tren escoitaron un ruído "que non era o de todos os dias, e despois pudo verse que había fume nalgunhas zonas da via".
Medios aéreos e terrestres da consellería do medio rural e veciños das localidades próximas traballaron na extinción dos lumes no transcurso da xornada.Vivironse momentos de bastante tensión e escoitaronse queixas sobre os medios desplazados, por consideralos insuficientes.
Según a información facilitada pola Xunta de Galicia formaron parte do operativo de extinción 9 brigadas, 4 axentes, 5 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 2 hidoravións. Pola noite, incorporaronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias.
As parroquias de Reádegos e Corneda, no Irixo, e outras localidades do concello de Boborás, como as de Balboa, O Penedo ou Xurenzás, foron as máis afectadas polo incendio, que arrasou unha importante extensión de monte, entre o que está o comunal de Xurenzás.