Tres mortos nunha explosión na pirotecnia Abad. O concello de Leiro decreta 3 dias de loito oficial
O sinistro ocurriu pasadas 19:30 horas da tarde nas instalacións da pirotecnia Abad, na localidade de Agra, no concello de Leiro.
As víctimas son o propietario de Piroctenia Abad, José Antonio Abad Montaña, a súa esposa Cristina Janeiro e Belén, a noiva do fillo de José Antonio, éste último,de 22 anos de idade, que tamén se encontraba nas instalacións, resultou ileso.
Ao parecer, a explosión produciuse na caseta de mesturas da pirotecnia, na que se encontraban as dúas mulleres, que foron desplazadas unhos 40 metros pola onda expansiva. Da caseta so quedou en pe unha parede.
A terceira víctima, José Antonio, o propietario de pirotecnia Abad, aínda foi encontrado con vida, pero faleceu momentos despois, e no momento da explosión encontrabase ao lado dunha furgoneta da empresa, que resultou completamente destruída.
Veciños da localidade escoitaron dúas explosións, cando chegaron ao lugar encontráronse coa traxedia. Protección Civil acordonou a zona e especialistas en explosivos da Garda Civil realizan unha inspección das instalacións para determinar a causa do accidente.
O suceso causou unha profunda conmoción en Leiro, onde as víctimas eran persoas moi coñecidas, igual que no resto da comarcas do Ribeiro e O Carballiño. José Antonio e a súa esposa residian no Carballiño.
A corporación municipal de Leiro celebrou un pleno convocado con carácter de urxencia ás 11 da noite ao que asistiron os representantes dos 4 grupos políticos da corporación. O alcalde da localidade, Francisco Fernández, propuxo 3 dias de loito oficial no municipio, e expresou as condolencias e solidadaridade da corporación e de todo o pobo de Leiro coas familias das víctimas.