O alcalde Fumega e o bispo Leonardo Lemos comprométense colaboración "para axudar ás persoas"
O alcalde do Carballiño e concelleiros e concelleiras da corporación recibiron este sábado o bispo da diocese de Ourense, Leonardo Lemos, no salón de plenos da consistorial carballiñesa.
De mestre de ceremonias actúou o párroco da Veracruz Xosé Benito Siero, que explicou o motivo da visita do máximo dirixente eclesiastico da diocese a O Carballiño "unha visita pastoral, para atender e escoitar a numerosos grupos que día a día traballan codo a codo ca parroquia e, sobre todo, axudando a quen o precisa".
Pola súa banda o Bispo agradeceu o recibimento na casa do concello, o mesmo tempo tiña palabras de recoñecemento para" o traballo que se está a facer dende o concello, os servicios sociais, Cruz Vermella e Cáritas, axudando a moitas familias da vila e a bisbarra que en estos tempos tanto o necesitan".
Finalmente o alcalde carballiñés Francisco Fumega, confirmoulle a colaboura en todo aquelo "que teña como fin axudar as persoas”. Fumega entregoulle a o bispo un exemplar dun libro do arquivo municipal, así como dunha metopa co escudo da Vila. Trala recepción o bispo asinou no libro de honra do concello do Carballiño.