O PP critica a celebración dun pleno municipal "cuxa convocatoria terá un coste de 2.017 euros para aprobar un incremento do prezo público do campamento de verán polo que tan so ingresará 120 euros"
O grupo municipal do Partido Popular considera que a convocatoria da sesión plenaria extraordinaria para este lúns dia 6 de Xullo "co único punto na órden do dia de aprobar un incremento de 5 euros no prezo público dos nenos que participen no campamento de verán é un auténtico despropósito, por absurdo, inxustificable e insensato".
O Partido Popular pide aos socilaistas "que desconvoquen este pleno extraordinario, que vai a supoñer un gasto de 2017 euros, cando únicamente o incremento vai supoñer un ingreso a maiores de 120 euros, polo que o máis sensato para os intereses do concello sería que se aplicase o prezo do ano pasado, aforrarían os participantes e desde logo, aforraría o concello".
Para ver o comunicado do Partido Popular PREMA no arquivo adxunto: