A Festa do Polbo promóvese cun mataselos especial na oficina local de correos
Responsables do operador postal, asi como do concello do Carballiño e da Sociedade Filatélica Miño, presentaron na oficina carballiñesa de Correos o mataselos.
Todos destacaron a relevancia desta iniciativa que permitirá difundir o nome do Carballiño e a convocatoria gastronómica carballiñesa a través das cartas e envios postais que viaxarán por toda España e polo mundo.
Filatélicos, usuarios e turístas poden desde hoxe solicitar este mataselado especial para os seus envios na oficina de Correos do Carballiño, na rúa Faustino Santalices. A primeira carta con este mataselo partíu esta mañá con destino moi lonxano, a Xapón.