A Coruña, cidade á que está dedicada este ano, acolleu a presentación da Festa do Polbo
O mercado da Praza de Lugo, na Coruña, acolleu a presentación da Festa do Polbo do Carballiño, dedicada nesta 53 edición á cidade herculina. O alcalde coruñés Xulio Ferreiro recibía á comitiva carballiñesa, agradecendo o xesto da dedicación dunha das festas gastronómicas máis importantes de Galicia.
Ferreiro recordaba a unión que existe entre A Coruña e O Carballiño, cimentada nos veciños dunha e outra poboación, recordaba durante a presentación como el mesmo coñeceu O Carballiño cando rea pequeno, acompañando os seus pais e avós a tomar as augas da vila do Arenteiro.
Pola súa banda o alcalde carballiñés mostraba o seu agradecemento á corporación coruñesa alí representada polo seu alcalde e o edil de Turismo Alberto Lema, por acoller esta presentación, nun lugar tan emblemático como a praza de Lugo, onde se encontra a Praza de Abastos " e que mellor lugar que un mercado para presentar esta festa, un lugar onde, como na orixe do Carballiño, reúnen os veciños e veciñas para o comercio", a estes veciños e veciñas da Coruña invitou Francisco Fumega a que acudisen á Festa do Polbo, o segundo domingo de agosto, onde serán recibidos como sempre, cos brazos abertos e dispostos a compartir unha porción de polbo a feira".
Tras os discursos chegou o momento de probar o produto estrela, o polbo a feira, que nesta ocasión foi cocido polo campión galego, o carballiñés Francisco Gómez. Todos os presentes gabaron o sabor do polbo do Carballliño, e aseguraron que non se perderán esta edición da festa.
Entre os numerosos veciños da Coruña que acudiu á cita da Festa do Pulpo encontrábanse tamén veciños e veciñas do Carballiño, que residen na Coruña, e que tampouco quixeron perderse saborear unha tallada carballiñesa na cidade herculina, entre estes veciños do Carballiño encontrábase, como non podía ser doutra forma Felipe Senén, carballiñés de pro e creador de numerosos carteis da Festa do Pulpo durante varias décadas, carteis que adornaban a praza de abastos coruñesa.
A representación Carballiñesa estivo formada nesta presentación polo xa mencionado alcalde da vila, acompañado do edil de Turismo Manolo Dacal, a edil de Benestar Marina Ortega, e os edís do Partido Popular Argimiro Marnotes e Piar Caride, e o concelleiro do BNG Chema Ferreiro.