O carnaval triunfa no verán carballiñés
As rúas do Carballiño reviviron a festa de carnaval, coa celebración do Carnaval de Verán, organizado pola área de Ocio e Turismo do concello do Carballiño, en colaboración cos hostaleiros, un total de 60, e o Centro Comercial Aberto.
Dende as 20:000 horas as comparsas e charangas iniciaron o seu desfile dende a praza da Veracruz ata a Praza Maior. Todo o percorrido estaba cheo de público, que gozo co colorido e animación de comparsas e a música das charangas e a batucada.
Pero o mellor estaba na rúa. Os carballiñeses aproveitaron esta festa para saír novamente cos seus disfraces, e encher de colorido as rúas e sobre todo a Praza Maior, que rexistraba un grande cheo ao termo do desfile.
A festa continuou polos bares participantes, con canas de cervexa a un euro para todos os que acudiron disfrazados. Manolo Dacal, disfrazado para a ocasión, agradecía ao público e ás comparsas a súa participación neste Iº Carnaval de Verán, augurando que pode ser unha festa con futuro no Carballiño.
A festa comenzo xa á mañá cos máis pequenos que gozaron da animación do DJ Tibu, e os talleres de manualidades previstos para eles en ao praza maior, así como cos regalos ofrecidos polo Centro Comercial Aberto.