Homenaxe á carballiñesa "Peña Nove" como precursores da festa do pulpo
O salón de plenos da casa do concello acolleu este emotivo acto de homenaxe e recoñecemento á "Peña Nove", da que o alcalde Paco Fumega destacou "o seu carballiñesismo"
A Peña Nove estaba formada por un grupo de carballiñeses, con inquietudes culturais e deportivas, e que tiñan sempre a intención de aopiar cantas actividades se desenvolvian na vila. Así, cando tres membros desta peña foraron parte do goberno municipal, decidiron darlle forma oficial a festa do pulpo. En concreto foi a mediados dos 60 cando o concello faise cargo desta festa, a través da comisión de festas, para un ano despois pasar a ser una comisión aparte, tal e como decidiu quen era alcalde nesas datas, Javier Perea.
Os integrantes desa Pena Nove foron Fontaiñas, Milucho do Estate Quieto, os dous irnamns Terceiro, Ledo, Pachó, Gonzalo, Juan Victor e Benigno, e posteriormente se incorporó, como o convidado de excepción, xa que sempre participou nas actividades da Pena, Alfonso Cerviño. Así mesmo foron nomeados menbros de honra desta Pena o profesor Don Juan Corral, e o alcalde da época, Javier Perea.
Ademáis de ser os impulsores desta festa gastronómica nos haberes e logros da Pena Nove están el ser os primeiros que celebraron una misa en Galego no día da Letras Galegas, a primeira misa que se oficiaba na ligua galega na provincia nesa década dos 60.
Así mesmo foron os impulsores tamen da proba automovilística do Ralli do Lacón , e impulsaron a celebración do entroido por medio da formación da charanga Os Liborianos.