A Feira da Pepa Loba en Flores serve de prólogo ás festas do Setembro
A Feira Festa da Pepa Loba convértese outro ano máis no preludio das festas patronais do Carballiño. A deste ano, que se corresponde coa XX edición, está dedicada aos ferreiros e ferradores.
VENRES 11:
– Xuntanza dende a mañá cos artesáns/artesanás.
– 18h. Apertura da Feira-Festa da Pepa Loba: Recepción das autoridades- Xogos tradicionais- Foguetes- Sorpresas.
– 20h. Presentación da Feira-Festa, adicada aos ferreiros e ferradores, a cargo do historiador Xosé Lois Sobrado.
– Exposicións de traballos en vivo dos ferreiros e ferradores nos sucalcos da Eira de Flores e no Cruceiro.
– Proxección: Percorrido polas Feiras-Festas de artesanía da Pepa Loba 1995/2014
– Música en vivo
– 00h. Queimada con conxuro e ofrecemento da Auga Máxica de Flores.
SÁBADO 12:
– Traballos en vivo a partir da mañá.
– Sesión vermut e música tradicional.
– 17h. Campionato de BRISCA polas mulleres do Barrio de Flores. – Sorpresa.
– 18h. Baixada da Pepa Loba ca súa gavilla a cargo de TIRULEQUE Grupo de Teatro, saíndo da Praza Maior e recreando os persoaxes da obra de Emilia Pardo Bazán “ VILAMORTA”.
– Cantares de cego.
– 23h. en adiante, diversos grupos de música tradicional polas rúas do Barrio e na Fonte de Flores.
DOMINGO 13:
– Pasarúas infantil.
– A partir das 12h. Demostración en vivo a cargo do ferreiro, ferradores e alfareiro BUÑO na Eira de Flores con obradoiros variados para todos e todas as que queiran participar (Especialmente nenos e nenas).
– Campionato de CHAVE e xogos populares: homes, mulleres e nenos/as.
– 14h. Xantar popular da Feira-Festa da Pepa Loba.
– Troula e sorteo da rifa, no tempo da sobremesa do xantar, de obras de artesanía.
– Música en vivo: cantigas e tunos.
– Clausura da Feira-Festa de Artesanía da Pepa Loba con animación polas rúas do barrio.
– Durante a feira engalanárase o Barrio e poránse paneis artísticos referidos a Pepa Loba e a súa gavilla a cargo de Xurxo Pérez Silvares.
– Ao longo de toda a Feira-Festa de artesanía levaráse a cabo o lavado e a pintado dalgunha das paredes e fachadas do Barrio para sanealas e adecentalas.
Organiza: Amigos e Veciños de Flores. Tradicións e Buscas. Feira da Pepa Loba