CD Arenteiro 3-1 Domaio FC
Comezou moi ben o Arenteiro, que no minuto 16 xa gañaba por 2-0, todo parecía indicar que os verdes ían ter un plácido partido con cheiro incluso a goleada ante un flouxo rival, pero a expulsión do meta Pachi no m. 35 xa co 2-1 no marcador complicou as cousas para un Arenteiro que rematou o partido con outros dous expulsados -Victor Gallego e Vilachá- e non marcou o gol da tranquilidade ata o minuto 92. E outra deficiente arbitraxe en Espiñedo, a do santiagués Xesús Fontes, que rematou o partido con catro expulsións, tres delas moi rigurosas.
Estaba xogando ben o Arenteiro, pero primeiro un tiro lonxano que sorprendeu a Pachi, e logo a súa expulsión, descompuxo por completo aos verdes, que pasaron a ser unha caricatura de equipo. Afortunadamente para os intereses do Arenteiro, enfronte estaba un equipo timorato, que tan so creou un par de ocasións ben resoltas por Israel, o meta vigués que debutou na portería do Arenteiro tras a expulsión de Pachi.
Vitti, Martín Pérez -de penalti- e Maxi foron os goleadores verdes.
NO CD Arenteiro xogaron: Pachi, Vilachá, Ocampo, Maxi, Pana, Dafonte, Victor Gallego, Martín Pérez, Marcos Castro, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Israel, Bardelás, lois e Marcos Sotelo.