A oposición fai valer a súa maioria no pleno e rexeita a solicitude de compatibilidade do alcalde Fumega para exercer como profesor
A solicitude de compatibilidade presentada polo alcalde Francisco Fumega para exercer actividade privada, neste caso como profesor nunha universidade portuguesa, foi rexeitada pola corporación municipal ao sumar os 9 votos en contra dos 3 grupos da oposición municipal, PP, BNG e Alternativa Veciñal.
Ao tratarse este punto ausentabase da sesión, por imperativo legal, o propio alcalde. Dende o grupo de goberno, o seu portavoz, Adolfo Nogueira, explicou ao pleno que Fumega tiña previsto abandonar a súa actividade docente cando no pleno de organización deste mandato municipal se acordara a dedicación exclusiva ao seu cargo de alcalde, pero a insistencia dende a universade portuguesa fixo cambear a súa decisión.
Os grupos da oposición consideran que as responsabilidades de Fumega como alcalde e o salario que recibe do concello do Carballiño non deben ser compatibles con outras funcións e retribucións que non sexan as propias do seu cargo como alcalde.
O concelleiro de Alternativa Veciñal, Bernardo García, propuxo que o alcalde cambiase a dedicación exclusiva que ten recoñecida por unha dedicación plena, e desa maneira compatibilizar a alcaldía coa súa actividade privada como docente, unha posibilidade que rexeitaron os socialistas, que tampouco aceptaron a proposta do Partido Popular para "deixar sobre a mesa" este punto.