O cheiro obrigou a pechar algún local de hostelería: a Policia Local constata que a causa foi a fuga dun depósito de gasóleo dun edificio de Julio Rodríguez Soto
A policía local do Carballiño localizou este domingo o foco onde estaba a producirse o verquido de gasoleo á rede municipal de alcantarillado. Según fontes policiais tratabase da caldeira dun edificio da avenida de Julio Rodríguez Soto, a cal presentaba una fuga que levaba días perdendo o combustible, que pasaba os sumideiros e dende alí á rede de alcantarillado.
Según informaron os responsables da policía local, unha vez localizado ese verquido procedeuse a reparación e selado da caldeira para evitar que continuara o verquido. Dende que tiveron constancia dos olores que emanaban das alcantarillas en distintas zonas do casco urbano, os axentes da policia local iniciaron as investigacións, que diron resultado a primeira hora da tarde do domingo.
Pese a estar solventado o problema as autoridades locales advertiron que ainda, durante unhos días, pode que continuen os cheiros en algunhas zonas da vila, xa que eliminar todo o verquido da rede de alcantarillado leva máis tempo.
No transcurso dos últimos dias, varios veciños denunciaron ante a Policía Local os cheiros que desprendían as alcantarillas no seu barrio. A alerta foi ainda maior cando estas denuncias chegaban de varias zonas do casco urbano, e non precisamente próximas,. o que fixo sospeitar as autoridades locais que se trataba dun verquido directo á rede de alcantarillado.