En Astureses: un incendio orixinado na chiminea da cociña destrúe unha casa habitada
Aconteceu a última hora da tarde deste mércores no lugar do Outeiro, na parroquia de Astureses, no municipio de Boborás.
O incendio orixinouse na chimenea da cociña e cando os inquilinos da vivenda, que residian na mesma en rexime de aluguer, estaban ausentes. Foi un veciño o que deu a alarma ao percataronse da existencia do lume. Despois, apenas poideron salvar algunhos enseres e fuxir, polo que non hai que lamentar feridos.
Os danos materiais son elevados, xa que a vivenda, que fora restaurada e presentaba un bo estado de conservación, quedou moi afectada polo incendio.
O 112 mobilizou ás 8 da tarde un operativo no que participou inicialmente un camión de bombeiros de Protección Civil e efectivos de Emerxencias do concello do Carballiño, media hora despois incorporouse ao operativo un segundo camión de bombeiros. Ambos traballaron nas labores de control e extinción do lume, tamén acudiron ao lugar do sinistro dúas patrullas da Garda Civil.