A Garda Civil investiga unha trama de identificación fraudulenta en multas de tráfico centrada no Carballiño e Lalín

18, Decembro 2015
O Subsector da Garda Civil de Tráfico de Ourense, iniciou no pasado mes de Xuño unha investigación denominada "Operación Radar", en colaboración coa Jefatura Provincial de Tráfico, que finalmente tiña os seus puntos neurálxicos nas localidades do Carballiño e Lalín.

Na mencionada investigación, na provincia de Ourense, detectáronse 37 expedientes por multas de tráfico (controis fixos de velocidade), más non sendo parado o vehículo no momento de cometerse a infracción, os propietarios dos vehículos implicados , tiñan a obrigación, cando recibían a notificación no seu domicilio, de identificar ao condutor.

En todos os casos investigados, e co fin de eludir o pago da multa e evitar a perda de puntos, os implicados identificaron a un mesmo condutor, que se trataba dun cidadán portugués con domicilio en Lalín.
 
Tras realizar varias averiguaciones, púidose comprobar que a persoa á que identificaban non vivía nese domicilio e estaba ingresado nun Centro Penitenciario de Portugal, cumprindo unha condena.

No domicilio que aportaban os investigados, vivía unha familia, que cando chegaba a notificación de correos coa sanción, recollíana e que foron tamén implicados investigados.

A meticulosidade da investigación determinou a configuración dun modus operandi desenvolvido de forma metódica e calculada durante un período de 6 anos (2009-2015).

O nexo que tiñan en común era un taller de compra venda de vehículos, que lles orientaba para evadir pagar as multas, nalgúns dos casos quedábase co importe da multa e dáballes os datos do condutor portugués, para evitar a retirada de puntos; e noutros só informáballes dos datos do condutor.

Entre as persoas implicadas investigadas, atópase o propietario do taller,asi como tres residentes do domicilio de Lalín, onde chegaban as notificaciones aos conductores dos vehículos sancionados.

O total da cuantía das sancións que nunca chegou a abonarse ascende a uns 12.000 euros.

Esta investigación estendeuse ás catro provincias galegas, determinándose como puntos neurálxicos as localidades de Carballino e Lalín, ao detectar 55 expedientes nos que se indentifcaba como condutor responsable á mesma persoa, de nacionalidade portuguesa.